A falta de pan…bos son contos

Narración oral | Infantil e familiar (+3)| 60 Min

SINOPSE

A miña avoa e as súas amigas adoitaban xogar na porta da casa, pero sempre tiñan unha pequena leria. Nos seus estómagos habitaba un furadiño, que no lles deixaba xogar a gusto. Como eran xente ben creativa, decidiron argallar un plan para combater con aquel molesto furado. Deberían imaxinar ben forte as larpeiradas máis suculentas do mundo, dese xeito o furadiño iría facéndose cada vez máis pequeno. Si queredes descubrir o plan da miña avoa e as súas amigas, abride a boca e as orellas que comezan os contos da fartura. A falta de pan bos son contos é un espectáculo de narración oral dirixido ao público infantil.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Atenea García e Nicolás Zamorano
Interpretación: Atenea García e Nicolás Zamorano
Vestiario e atrezzo: Nicolás Zamorano

Pin It on Pinterest

Comparte