MAMÁ CABRA
A festa continúa, historias de ultratumba
Espectáculo musical e teatral| Infantil e familiar (+3)| 60 Min
SINOPSE
Que bonita é a vida! Chea de cores, de sons, de risas… A vida póusase nas nosas meixelas polas mañás e decide quedarse e viaxar a carón de nós, mais esta é a historia dun rapaz que non sinte cóxegas nas fazulas e decide deixar de soñar. Sen embargo a música, o amor e a amizade faranlle volver a quecer as meixelas e devolveranlle unha alegría que todos acabarán celebrando cunha gran festa. Mamá Cabra preséntanos un novo espectáculo en formato músico-teatral que é un canto á vida e a todas as súas manifestación. Con el conseguirá seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.
FICHA ARTÍSTICA
Voz e guitarra: Gloria Mosquera
Violín: Harry Price
Baixo: Tomi López
Piano: Javier Constenla
Batería: Iago Rodríguez
Actores e actrices: María pardo, Luís iglesias “Luchi”
Teatro Ghazafelhos: Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas.