A fraga do meu avó

Espectáculo musical | Infantil e familiar| 50 Min

SINOPSE

A fraga do meu avó está chea de carballos que case tocan o ceo, castaños, bidueiros, loureiros, bieiteiros, abeleiras, e moitas árbores que sempre deron moitísimo máis que madeira. Agochados entre eles andan paxaros como a pega marza, a estreliña do norte, o paporrubio real e a curuxa. E percorrendo os seus camiños están a píntega, os esquíos, o xabaril, o raposo… A fraga do meu avó é o máis recente traballo de Mamá Cabra que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas avoas.

FICHA ARTÍSTICA

Voz e guitarra Gloria Mosquera

Teclados Javier Constenla

Percusións Carlos Freire

Guitarra e ukelele Iago Rodríguez

Saxo, trombón e trompeta Miguel

Pin It on Pinterest

Comparte