TEATRO GHAZAFELHOS
A máquina do tempo
Teatro cómico| +5 anos |50 min
SINOPSE
A máquina do tempo é unha peza de teatro que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. Coa axuda dunha curiosa escenografía, Pepablo Patinho e Montse Piñón, farán un percorrido pola historia a través de dúas chamativas personaxes: A doutora Mon e o seu axudante Pe. Durante o espectáculo precisarán da axuda do público que viaxará xunto coa doutora e o seu axudante a distintas épocas da nosa historia. Teatro Ghazafelhos propón con esta peza teatral unha aventura educativa a partir do humor.
FICHA ARTÍSTICA
Elenco: Montse Piñón, Pepablo Patinho
Guión e dirección: Pepablo Patinho
FICHA TÉCNICA
Alto 2,20m / Ancho 2,50m / Fondo 2,50m