A miña primeira viaxe

Narración oral e outros elementos | Infantil e familiar (2 a 10)| 60 Min

SINOPSE

A miña primeira viaxe é unha peza teatral dirixida ós cativos e cativas de entre 2 e 10 anos. O espectáculo xorde da adaptación do libro-álbum do mesmo título escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e publicado por OQO editora en febreiro de 2012.

Esta peza conta a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno ou nena viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o TUM-TUM dos motores. Unha actriz conta e canta un relato de procura da propia identidade mentres un músico dialoga coa linguaxe onírica do propio relato.

FICHA ARTÍSTICA

Autora: Paloma Sánchez Ibarzábal
Adaptación do texto: Atenea García
Dramaturxia: Nicolás Zamorano e Atenea García
Interpretación: Nicolás Zamorano e Atenea García
Deseño escenografía e iluminación: Nicolás Zamorano
Composición e interpretación musical: Nicolás Zamorano
Produción: Xarope Tulú

Pin It on Pinterest

Comparte