A órbita do lucecú

Teatro actoral | Infantil e familiar (+6)| 70 Min

SINOPSE

Tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples, ás veces, son as máis difíciles de conseguir. Os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila até esmorecer cando non acada a resposta buscada. A órbita do lucecú explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús.

FICHA ARTÍSTICA

Dramaturxia e produción: Lucecús teatro

Dirección: Santiago Cortegoso e Marián Bañobre

Elenco: Anxo Manoel, Isa Herrero e Rubén Pérez

Vestiario: Marián Bañobre

Espazo sonoro: Panume

Pin It on Pinterest

Comparte