ALDAOLADO
A OVELLA ENGRACIA
Narración oral e música |50 min | + 3 anos
SINOPSE
A ovella Engracia pensa que ser ovella é soporífero, que quere dicir que é súper aburrido: comer herba, saltar valados, botar a sesta… A Engracia o que realmente lle gustaría é saber a onde vai a lúa cando sae de noite. Por iso, despois de moito pensalo, decide escapar unha noitiña e andar atrás da lúa. Na súa viaxe atopará peligros e amizades que a mudarán para sempre. Aprenderá a confiar en si mesma e a vencer os seus temores. Pero sobre todo, a perseguir os seus soños e a nunca perder a curiosidade. Nesta aventura, Engracia convertirase ademais na primeira ovella contadora de historias do mundo!
FICHA ARTÍSTICA
Dirección: Aldaolado
Interpretación: Lucía Aldao e María Lado
*Baseado no conto A ovella Engracia (María Lado).