A PEQUENA E GRANDE ORQUESTRA

A pequena e grande orquestra é un novidoso espectáculo musical para toda a familia formado por grandes músicos da escena musical infantil galega. Sabemos do interese das novas familias polos espazos de ocio compartidos coas miúdas da casa e ese será o noso espazo, neste momento a oferta artística dirixida a estes públicos é ampla mais este proxecto ven encher ese oco : o do baile e a música, o da orquestra en familia!. Na selección de pezas que esta grande orquestra interpretará estarán as referencias da música infantil mundial de todos os tempos, mais será a música infantil galega o eixo sobre o que xirará a escolla, e neste eixo partiremos do repertorio de música infantil máis tradicional, pasando polos grandes éxitos que acompañaron nos 90 a toda a xeración Xabarín, e continuando o percorrido polos grupos musicais que nos últimos 15 anos teñen agromado no País e que xa neste momento son seguidas por fans miúdos alí por onde pasan.

Pin It on Pinterest

Comparte