A verbena da xente miúda

Espectáculo musical |60 min | Todos os públicos

SINOPSE

Sabemos do interese das novas familias polos espazos de ocio compartidos coas miúdas da casa e ese será o noso espazo, neste momento a oferta artística dirixida a estes públicos é ampla mais este proxecto ven encher ese oco : o do baile e a música, o da orquestra en familia!. Na selección de pezas que esta grande orquestra interpretará estarán as referencias da música infantil mundial de todos os tempos, mais será a música infantil galega o eixo sobre o que xirará a escolla, e neste eixo partiremos do repertorio de música infantil máis tradicional, pasando polos grandes éxitos que acompañaron nos 90 a toda a xeración Xabarín, e continuando o percorrido polos grupos musicais que nos últimos 15 anos teñen agromado no País e que xa neste momento son seguidas por fans miúdos alí por onde pasan.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Pepablo Patiño (Teatro Ghazafelhos)

Batería: Carliños Freire

Contrabaixo: Pablo Vidal

Piano: Javier Constenla

Guitarra: Benjamín Vázquez

Voz: Sabela King e Nerea Bello

Pin It on Pinterest

Comparte