ACOUGA

Teatro actoral | Primeira infancia (6 meses-3 anos)| 30 Min

SINOPSE

“Acouga” é un espectáculo pensado cunha intención poética, a da evocación das palabras, a da recreación da música da linguaxe. O xogo escénico ponse ao servizo dun momento compartido onde personaxes da mitoloxía galega como “A Meniñeira” ou “Pedro Chosco” toman corpo para descubrirnos a esencia do fantástico, que é a aprendizaxe do mundo. Nada mellor que acompañalos nesta aventura, a dos inicios da linguaxe, con toda a súa capacidade de suxestión.

A Meniñeira, que aparece cada vez que alguén lle murmura a unha nena ou a un neno pequeno: “acouga”, intenta borrar as penas, afastar os medos, coa música das palabras e dos sons que arrolan, coas pequenas historias que falan das grandes cousas. Pedro Chosco, co seu saco cheo de area e de soños, recolle para a Meniñeira as palabras que se gardan coma tesouros. Aquelas palabras que, con dicilas ou escoitalas, nos debuxan un sorriso e nos entornan as pálpebras.

FICHA ARTÍSTICA

Intérpretes: Núria Sanz e Chiqui Pereira
Dirección: Chiqui Pereira
Texto: Paula Carballeira
Música orixinal: Nacho Sanz
Deseño de vestiario: Cloti Vaello
Deseño de escenografía: Jorge de Arcos
Alfombras: Gustavo Hernán
Deseño iluminación: Chiqui Pereira

Pin It on Pinterest

Comparte