Teatro actoral | Público infantil e familiar (+5) |60 min

SINOPSE

“Acuario” está baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva. Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: Amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico…e mariño.

FICHA ARTÍSTICA

Autora: María Canosa
Dirección: Pepablo Patinho
Vestiario: Ghazafelhos
Efectos Sonoros e musicais: Jorge Casas
Escenografía e atrezzos: Ghazafelhos
Elenco: María Canosa, Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho

FICHA TÉCNICA

Alto 3m / Ancho 7m / Fondo 4m

Pin It on Pinterest

Comparte