ADESHORAS

Teatro xestual | Infantil e familiar (+5)| 50 Min

SINOPSE

Ás veces descubrimos nas historias dos outros quen realmente somos. E iso é o que lle acontece á Vella desta peza de teatro xestual, esta pobre clown desmemoriada. Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A música acompáñaa na soidade. Soan badaladas. Anuncian un baile? Un lobo ouvea. Está a porta pechada con chave? Leva tantos anos ás costas, esa muller, que xa non lembra quen é. Precisamente por iso pode xogar a ser quen ela queira. A protagonista do seu conto. A do zapato de cristal, a da caixa de mistos, a da mazá envelenada,a do camiño de migallas de pan, a da casiña de chocolate…Quen chama a deshoras? Terá fame?

FICHA ARTÍSTICA

Dirección e dramaturxia: Paula Carballeira
Axudante de dirección: Charo Pita
Deseño de escenografía: Un ‘Peixe’ e berrobambán
Realización escenografía: Allmad estudio
Iluminación: Chiqui Pereira
Música: Nacho Sanz

FICHA TÉCNICA

Espazo escénico de 6x4m

Pin It on Pinterest

Comparte