PÉREZ&FERNÁNDEZ

Aguratrat

Teatro actoral | Infantil e familiar (+6)| 70 Min

SINOPSE

AGURATRAT é a adaptación teatral da Cía. Pérez&Fernández do libro “Esio Trot” de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal (“Charlie e a fábrica de chocolate”, “James e o pexego xigante”, “Matilda”, “As Bruxas”, “Mr. Fox”, etc.) Nesta historia sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre persoas maiores e o amor ós animais. Ambos temas tratados con delicadeza e humor. Unha obra de teatro para público familiar que guste dos xogos de palabras, das tartarugas, dos seus maiores e das ideas orixinais e divertidas. O Señor Hoppy, un home algo maior, moi tímido e amante das plantas está profundamente namorado en segredo da súa veciña, a Señora Silver, unha muller que vive acompañada da súa TARTARUGA Alfie. A Señora Silver está preocupada porque Alfie non aumenta de peso e crece moi amodiño. O señor Hoppy verá niso a posibilidade de gañar o seu corazón.

FICHA ARTÍSTICA

Intérpretes: Manu Fernández, Victoria Pérez, Xosé Leis
Dirección: Xosé Leis, Victoria Pérez
Espazo escénico: José Faro
Ambientación musical: Iria Pinheiro, Xabier Romero, Marcos Vázquez
Tartarugas: Tigre de Papel
Vestiario: María Fernández

Pin It on Pinterest

Comparte