ALDAOLADO

O dúo artístico Aldaolado está composto por Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas galegas de consolidada carreira, que no ano 2005 decidiron unir os seus nomes e os seus esforzos creativos para dar lugar a esta proposta. Aldaolado é un proxecto artístico orientado á poesía escénica, co que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo para aquel que nunca leu poesía. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos. Con eles actuaron en centos de escenarios do máis variado, tanto en Galiza como máis aló das nosas fronteiras. Nos seus espectáculos María e Lucía tratan temas de interese colectivo a través do humor, coma a lingua, o amor romántico, a igualdade de xénero, a vida de poeta e un longo etcétera. Os recitais están pensados para o público adulto e o público adolescente aínda que tamén contan con propostas para o público infantil, coma obradoiros ou unha pequena peza de teatro chamada A ovella engracia.

Pin It on Pinterest

Comparte