XAROPE TULÚ

ARRIEIRA

 Narración oral e música en directo | Todos os públicos |50 min

SINOPSE

En escena, unha narradora e un músico fánnos viaxar a través do conto tradicional e noutras ocasións esbozan co seu camiñar novos vieiros, historias propias. *Camiño: Espazo trazado e disposto para poder ir dun lugar a outro.

Neste espectáculo tentamos por de manifesto a importancia do camiño como aprendizaxe, como punto de encontro entre as persoas que o atravesan. Ninguén coñecía os camiños mellor que os arrieiros, homes na súa maioría. Nunha ocasión oín falar dunha arrieira, coñecedora dos camiños e as súas xentes. No seu percorrido atopara historias de vida, seres míticos, lavandeiras e afiadores e coma un tesouro fora gardando todos aqueles saberes e sentires na súa memoria. Había quen dicía que pedía contos a cambio de cantares: “Regáloche unha cantiga se me contas un conto”. Eu creo que aquilo non era certo, que se daba de xeito natural, que non precisaba pedilo. 

Os contos saen sós, só hai que saber escoitalos. Así o cesto da arrieira cargábase de historias recollidas nos carreiros. Ela, ademais de recollelos contábaos, pero facía ben tempo que collera por costume facer uso das licenzas poéticas, por iso ás veces lle daba a volta ás historias que lle contaran, narrandoas ao seu xeito, pero que sería de nós sen eses outros vieiros?

FICHA ARTÍSTICA

Creación: Atenea García e Nicolás Zamorano
Narración oral: Atenea García
Música: Nicolás Zamorano
Atrezo: Nicolás Zamorano
Deseño gráfico: Nicolás Zamorano

FICHA TÉCNICA

Alto 4m / Ancho 10m / Fondo 5m

Pin It on Pinterest

Comparte