ARTESACÍA

Artesacía é unha compañía escénica que nace entre Galicia e New York . Os seus compoñentes, Roi Fernández e Laura Villaverde, formados a ambas beiras do Atlántico, determinan introducir nunha ARTESA (ese espazo onde os alimentos collen un certo gusto) os seus interrogantes e motivacións sobre a tradición, a identidade, a sociedade, as novas tecnoloxías, o movemento ou o individuo.  En 2009 xuntan as súas forzas creativas para crear Artesacía Trasmedia, unha compañía híbrida que bebe  do cine e do teatro pola formación dos seus integrantes: Roi nas artes visuais  e Laura na creación escénica. O seu traballo é crear acontecementos de xeito trasversal, innovador e conceptual xuntando a tradición coa modernidade. De todas estas variables resulta tamén o seu espectáculo Chola, a it girl, unha peza orixinal e rompedora.

 

ESPECTÁCULOS

Pin It on Pinterest

Comparte