Teatro de rúa | Público familiar |50 min
SINOPSE
Tres personaxes chegan nun carromato decorado como as antigas historias de Bagdad, entran anunciando unha historia máxica da lonxana Persia. Teatro Ghazafelhos fai neste espectáculo de rúa unha reinterpretación dende o humor do relato As mil e unha noites. O público é convidado a sentar arredor do carromato por uns xenios zancudos. A través dunha sorprendente escenografía, e dun ambiente máxico de teas, coxíns, incenso… un narrador introdúcenos nunha historia capaz de nos transportar á antiga Persia pero… faltan personaxes para tan poucos actores, así que precisarán da participación activa do público para lograr contar as historias.
FICHA ARTÍSTICA
Texto e dirección: Pepablo Patinho
Idea orixinal: Montse Piñón
Caracterización: Ghazafelhos
Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho
FICHA TÉCNICA