FANTOCHES BAJ

AUGA QUE NON VAS BEBER

Monicreques e narración oral | Público adulto | 60 Min

SINOPSE

Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como “A Saia da Carolina”, “O sermón do padre Damián” ou “ O cura está malo” entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada. A obra resultante foi gañadora do premio AGADIC de textos para monicreques para adultos no 2010. A posta en escena está inspirada na figura teatral do cego con monifates, tan presente en Galicia no século XIX, da que se rescata a relación que aí se establecía entre actores e títeres de luva e na que o narrador e tamén actor e manipulador dos personaxes. Deste xeito Inacio fará os papeis de narrador, do padre Damián e do muiñeiro Xosé e Almudena acompañará musicalmente a peza ao tempo que asume o papel da Carolina. Auga que non vas beber é unha comedia musical vivaz na que a participación do público, a modo do teatro de rúa, é fundamental.

FICHA ARTÍSTICA

Almudena Vidal: Guitarrista, Carolina, Deus, e Ramonciño
Inacio Vilariño: Narrador, padre Bastián e Xosé.
Autor e Director: Ignacio Vilariño
Autor das ilustracións: Iván Suárez Núñez
Deseño de espazo sonoro: Benxa Otero
Deseño escenografía: Luís Iglesias
Construción escenarios e marionetas: Luís Iglesias
Deseño de iluminación: Juan M. Collazo
Asistente de dirección: Larraitz Urruzola
Deseño de vestiario: Tero Rodríguez
Comunicación social e páxina web: Urdime

FICHA TÉCNICA

 

Pin It on Pinterest

Comparte