Babacontos

Narración oral | Infantil e familiar (4 a 12) | 50 Min

SINOPSE

Hoxe temos unha visita sorpresa!! Babamá chegou a contar historias. Colouse con obxectos e cacharros que convertirá en personaxes cos que imos viaxar. En petos e potas ten fabas máxicas para encantar, inventa contos para espertar, contos para xantar, contos … para non durmir, contos para cantar. Cando a Babamá sintas abre as orellas e déixate levar!!! A contadora e titiriteira Larraitz Urruzola, utilizando a técnica da manipulación de obxectos e as ferramentas da narración oral tradicionais, xoga a crear atmosferas poéticas, situacións que xurden da transformación dos obxectos e espazos, contribuíndo a iniciarse no mundo dos contos e do teatro a través da inventiva, da creación efémera e espontánea.

FICHA ARTÍSTICA

Narradora: Larraitz Urruzola
Producción: Larraitz Urruzola

Pin It on Pinterest

Comparte