BAILABANDA

BailaBanda é un proxecto de teatro e música en directo dirixido ao público familiar e pensado para ser interpretado polas Bandas municipais de música ou por calquera outra formación musical. Forman parte do proxecto, ademais da banda que interpretará a música, unha cantante e dous actores: Sabela King, vocalista da banda galega de Blues The Lákazans, e dous actores, Pepablo Patiño e Montse Piñón de Teatro Ghazaflehos. As Bandas de música forman parte da vida dos concellos, das cidades, das vilas. Con este proxecto queremos achegar estas formacións aos máis cativos e cativas. Bailabanda é un proxecto divertido, colorista, alegre e de calidade onde o público familiar gozará dunha xornada de música interpretada polas súas veciñas e veciños, ó que lle engadimos unha experiencia escénica moi pero que moi divertida e participativa. Os gags humorísticos cos que Ghazafelhos acompañan as pezas e a técnica vocal de Sabela aseguran unha xornada na que grandes e pequenas cantan, bailan e gozan coa interpretación de pezas ben recoñecidas para todas. “O galo canta”, “Susanita tiene un ratón” e outras máis actuais como “Let it go”, o tema en versión orixinal de Frozen, ou “Imos Bailar” de Mamá Cabra e un longo etcétera.

Pin It on Pinterest

Comparte