Bichocas

Narración oral e monicreques | Primeira enfancia| 40 Min

SINOPSE

Bichocas é un espectáculo adicado á primeira infancia onde os obxectos e a palabra nos fan viaxar a través do mundo animal. As protagonistas das nosas historias aprenderán nesta viaxe a importancia de seren diversas e a posibilidade de compartir coas demais os seus afectos. Bichocas ten como obxectivos estimular a creatividade individual e colectiva, incentivar á observación activa das crianzas, ofrecer propostas escénicas para aquelas crianzas que adquiren o galego como lingua inicial, fomentar o uso do galego e recoñecer a riqueza léxica do noso idioma.

FICHA ARTÍSTICA

Actriz/ Manipuladora Atenea García
Construción monicreques Nicolás Zamorano
Produción Xarope Tulú

Pin It on Pinterest

Comparte