Camiños

Epectáculo musical | Infantil e familiar| 50 min

SINOPSE

CAMIÑOS é a nova aventura de Magín Blanco, un dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ó publico infantil e xuvenil. Neste fermoso e completo traballo, Magín xunto ao ilustrador Leandro Lamas, presenta un libro-disco e un espectáculo musical, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios. CAMIÑOS convértese nunha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos e as nenas. A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada música de Magín, novos e novas lectoras atopan claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional. CAMIÑOS é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos/as nenos/as.

FICHA ARTÍSTICA

Magín Blanco: Voz, guitarra
Jerry Noia: Técnico de son

Pin It on Pinterest

Comparte