A CASA DOS XOGOS

Instalación de xogos | 1/2 xornada ou completa | TP

O xogo ten unha importancia vital na etapa infantil e xuvenil e ó longo de toda a vida. E con esta premisa… xogamos? Desde a Casa dos Xogos realizamos unha escolla de propostas de xogos pensando na amplísima variedade de modos e gustos das persoas. Esta gran ludoteca ambulante preséntase en forma de varios espazos repartidos por áreas de xogo onde os e as participantes poderán experimentar unha amplísima recopilación de xogos tradicionais chegados dos cinco continentes así como xogos de creación propia. Algúns destes xogos avalan correntes pedagóxicas como Waldorf ou Montessori , punteiros na pedagogoxía.

Os xogos cos que conta a instalación son os seguintes:

10 “billares” randes. Por billares entendemos xogos de precisión e habilidade sobre mesa.

5 “billares” pequenos.

4.000 pezas de kapla (xogo de construción).

5 xogos diferentes de mesa/enxeño.

 

Pin It on Pinterest

Comparte