NUBE NUBE SOL

Teatro e clown | primeira infancia (0-5)| 45 min

SINOPSE

 

As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro ó Cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.

FICHA ARTÍSTICA

Escenografía : Beatriz de Vega
Musica BSO: Brais das Hortas
Texto, canción e coreografía: Sofía Espiñeira
Fauna e flora: Roberto Casal
Dirección e interpretación : Sofía Espiñeira e Roberto Casal
Ilustración : Rosa Abeijón

 

FICHA TÉCNICA

Espacio escénico: Alto: 3m ; Fondo: 7m; Ancho: 6m
Duración con acollida e despedida: 45 min
Nº de público : 20 bebés e 20 adultos

 

Pin It on Pinterest

Comparte