Un festival de cine para o público miudo

CINEMA CRIANZA é o primeiro festival internacional de cine infantil e familiar de Galicia. Co apoio da deputación da Coruña e do propio concello de Ames nace este festival promovido dende a cooperativa Urdime co afán de ofrecer unha proposta cultural de calidade para as familias ao tempo que se promove o gusto polo cinema entre os máis cativos e se contribúe á formación dun público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual.

CRIANZA CRIANZA presenta dúas seccións competitivas de curtametraxes e unha programación fóra de concurso. A través das plataformas habilitadas para a inscrición recíbense milleiros de pezas audiovisuais dun centear de países diferentes, o que garante a diversidade e o carácter internacional do festival.

Pin It on Pinterest

Comparte