COMPAÑÍA ELÉCTRICA

COMPAÑÍA ELÉCTRICA

A Compañía Eléctrica nace en 2020 da man de Iria Pinheiro (actriz) e Suso Jalda (técnico) para crear espectáculos dende un punto de vista plástico e poético onde a interpretación e o dispositivo escénico van da man desde o principio da creación. As propostas da compañía están destinadas a todos os públicos, alternando en ocasións con pezas só para público adulto. A Compañía Eléctrica conta con diferentes colaboracións de artistas coma Areta Bolado (actriz), María Reimóndez (escritora) , Juanma Ons (músico), etc. Iria Pinheiro desenvolve a súa actividade profesional no audiovisual, nas artes escénicas, na música e no eido do cabaret, onde foi compositora, letrista e guionista para espectáculos propios e alleos. No ano 2012 crea DandyLady, un alter ego dende o que investiga as posibilidades da poesía escénica. En 2019 recibe por Anatomía dunha Serea dous Premios María Casares: Mellor Actriz e Mellor Texto Orixinal (xunto coa poeta María Lado). No 2019 recibe tamén o Premio Maruxa Villanueva á Interpretación pola súa traxectoria como actriz.

ESPECTÁCULOS

Pin It on Pinterest

Comparte