Concerto Bailabanda

Espectáculo musical con banda| Infantil e familiar (+3) | 50 min

SINOPSE

BailaBanda é un espectáculo musical coa música en directo da Banda de cada pobo acompañada por dous actores, Pepablo Patiño e Montse Piñón de Teatro Ghazaflehos, e unha cantante, Sabela King, vocalista da banda galega de Blues The Lákazans. O proxecto nace para ser interpretado con Bandas de música municipais. BailaBanda é un proxecto de teatro e música en directo dirixido ao público familiar. Grandes clásicos da música infantil interpretados por unha Banda acompañada pola grande voz de Sabela King e o humor incomparable dos Ghazafelhos. As Bandas de música forman parte da vida dos concellos, das cidades, das vilas. Con este proxecto queremos achegar estas formacións aos máis cativos e cativas. Bailabanda é un proxecto divertido, colorista, alegre e de calidade onde o público familiar gozará dunha xornada de música interpretada polas súas veciñas e veciños, ó que lle engadimos unha experiencia escénica moi pero que moi divertida e participativa. Os gags humorísticos cos que Ghazafelhos acompañan as pezas e a técnica vocal de Sabela aseguran unha xornada na que grandes e pequenas cantan, bailan e gozan coa interpretación de pezas ben recoñecidas para todas. “O galo canta”, “Susanita tiene un ratón” e outras máis actuais como “Let it go”, o tema en versión orixinal de Frozen, ou “Imos Bailar” de Mamá Cabra e un longo etc.

FICHA ARTÍSTICA

Actores e actrices: Teatro Ghazafelhos, Montse Piñón e Pepablo Patiño.

Direción: Pepablo Patiño.

Voz: Sabela King.

Pin It on Pinterest

Comparte