Concerto-deveribés

Espectáculo musical | Infantil e familiar| 60 Min

SINOPSE

Gloria é a voz e unha das fundadoras de MAMÁ CABRA, o grupo pioneiro especializado en música infantil galega que leva xa 15 anos regalándonos cancións. Dende o seu primeiro libro-CD Cantos rodados xa son moitos os traballos publicados por este grupo.

Gloria, acompañada por unha banda, fai neste concerto un percorrido polos mellores éxitos da banda, cancións que ao longo destes anos xa quedaron nas nosas memorias e que seguen facendo fans miúdos aló por onde pasan.

FICHA ARTÍSTICA

Voz e guitarra: Gloria Mosquera
Violín:  Harry Price
Piano: Javier Constenla
Batería: Carlos Freire
Acordeón: Iago Rodríguez

Pin It on Pinterest

Comparte