Concerto Musical

Espectáculo musical| Infantil e familiar (+3) | 50 min

SINOPSE

Martiña soñadora son Sabela King á voz e ukelele e Carlos Gil Fandiño ao piano e voz. É unha formación recente que naceu para o desfrute dos nenos e nenas dunha música composta especialmente para el@s. Con Martiña soñadora bailarán, aprenderán das músicas e gozarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e  mesmo do blues con fermosas letras en galego, e incluso en francés. Todas as cancións son orixinais do grupo. Sabela King forma parte de outras propostas para público infantil e familiar como é o  caso de Bailabanda e A Pequena e grande orquestra, e Carlos Gil conta tamén con unha  ampla experiencia  na música para cativos e cativas, forma parte de grupos como OViravai entre outros. Xuntos exploran estilos e ritmos que  sen dúbida farán gozar ao público infantil e familiar.

FICHA ARTÍSTICA

Voz e ukelele: Sabela King
Teclados e coros: Carlos Gil
Produción: Martiña Soñadora
Compositora: Sabela King

Pin It on Pinterest

Comparte