TROTAVENTOS

CANTACONTOS AO CARÓN DA FIESTRA

Narración oral e musical | Público infantil e familiar (+3) |50 min

SINOPSE

Cantacontos a carón da fiestra é un espectáculo de Ramón Feáns e Manuel Boquete onde o conto, a música e a poesía nos levan da man a través do máxico mundo dos soños. Cunha coidada posta en escena, e valéndose de música orixinal e de sons que acompañan a historia ó xeito das antigas radionovelas, o narrador vainos introducindo nun relato orixinal que narra a fantástica aventura dun neno e que supón un canto á imaxinación, á beleza, á natureza, á igualdade e ó amor. No espectáculo interprétanse as cancións do libro disco “A fiestra dos soños” publicado pola Ed. Galaxia.

FICHA ARTÍSTICA

Autor: Manolo Boquete
Elenco: Manolo Boquete e Ramón Feáns

FICHA TÉCNICA

 

Pin It on Pinterest

Comparte