XAROPE TULÚ

COROCHAS

Narración oral e monicreques | Primeira infancia (0-3)| 40 Min

SINOPSE

Corochas é un espectáculo de pequeno formato dirixido á primeira infancia (0-3 anos), que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. A través do conto acumulativo, da canción e xogo de imitación viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos. Corochas, cachogas, celigras, cóchegas, coscas, deligras ou cóxegas: Sensación que experimenta alguén ao lle seren tocadas levemente certas partes do corpo e que se manifesta nun riso involuntario. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlles ás corochas? Pode ser que a sensación para cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de lles poñer un nome só? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña…  Os contos ás veces son coma as corochas, fannos viaxar a lugares onde normalmente non chegamos ou a partes do corpo ás que non lles poñemos atención.

 

FICHA ARTÍSTICA

Actriz/ Manipuladora: Atenea García
Produción: Xarope Tulú

FICHA TÉCNICA

 

Pin It on Pinterest

Comparte