Poesía, humor e música |70 min | +16

SINOPSE

Lucía Aldao e María Lado son dúas poetas que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo aquel que nunca leu poesía. Cría fama e bótate a correr sérvese da unión de poesía, música en directo e humor que caracteriza o dúo, pero nesta ocasión achega novas cancións, poemas inéditos e inesperadas sorpresas para quen desexe emocionarse e rir nunha velada que é moito máis ca un recital de poesía.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección Aldaolado
Interpretación 
Lucía Aldao e María Lado
Produción Aldaolado

Pin It on Pinterest

Comparte