De bruídos e miañares

Narración oral e Música en directo | Infantil e familiar (+3)| 60 Min

SINOPSE

De bruídos e miañares é un espectáculo dirixido ó público familiar que combina a narración oral coa música en directo. En escena, unha narradora e un músico acompañado dos seus peculiares instrumentos; contan e cantan historias onde os animais son os protagonistas. Nesta viaxe pola fauna descubriremos contos peludos, voadores e agarimosos e participaremos activamente do relato. Os obxectivos xerais da obra son estimular a creatividade individual e colectiva. Achegar as artes escénicas a espazos non convencionais. Incentivar a observación activa dos rapaces espertando deste xeito a súa sensibilidade e explorar o sentido lúdico do teatro.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección / Interpretación: Atenea García
Vestiario e obxectos: Nicolás Zamorano
Luthería, música: Nicolás Zamorano

Pin It on Pinterest

Comparte