XAROPE TULÚ
DE TI E MAILO MUNDO QUE APAÑES
Narración oral |+ 12 anos | 45 min
SINOPSE
De ti e mailo mundo que apañes pretende ser un humilde percorrido pola obra da poeta, tradutora e editora Xela Arias, un percorrido que nada ten de cronolóxico pero moito de persoal, co que a nós se refire. Revoltas pola palabra achegámonos excitadas á súa obra, posuídas por esa escrita extrema que remove pel e ósos. Aparece entón a dúbida, o medo ao non estar á altura de semellante extremidade, a de Xela, a dos extremos. Pero nese xusto momento o poema tranquilízanos.
De ti e mailo mundo que apañes é un espectáculo dirixido á mocidade que combina a narración oral con outras linguaxes escénicas. Esta proposta tenta facer un breve percorrido pola obra da poeta Xela Arias, sumerxíndonos tanto na súa poesía como na súa breve pero interesante obra narrativa. Xela, a poeta que ten máis de actual que de histórica.
FICHA ARTÍSTICA
Creación e interpretación: Atenea García
Deseño gráfico e utilería: Nicolás Zamorano