DENDE O PANÓPTICO

Exposición interdisciplinaria de arte contemporánea

DENDE O PANÓPTICO: CADA CELA UNHA FIESTRA é unha exposición interdisciplinaria na que se congregaron por primeira vez unha serie de traballos de diferentes figuras da arte galega e peninsular. Esta mostra, que xurdiu da necesidade de repensar, dende a actualidade, un espazo de represión como o vello cárcere de Lugo, convidou a trece artistas de recoñecida traxectoria a dialogar co cárcere de Lugo e coa súa memoria a través de obra escollida ou elaborada de maneira específica para ese lugar.

A angustia e o lento paso do tempo, a memoria dos muros e o espazo de reclusión, os desaparecidos e os refuxiados como novas vítimas de represión, o son e a luz, a penitencia e incluso a idea da fuga foron algúns dos fíos conductores que serviron para poñer en relación as vintedúas celas intervidas.

Pin It on Pinterest

Comparte