LARRAITZ URRUZOLA

dona barriga verde

Monicreques | Infantil e familiar (+6) | 45 Min

SINOPSE

Dona Barriga Verde é unha obra de títere de cachaporra, que integra elementos do Barriga Verde do noso país con préstamos doutras tradicións titiriteiras europeas.  A Asociación Cultural Morreu o Demo colabora neste proxecto prestando asesoramento histórico e documentación. Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás encarando as situacións con valentía, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, á morte e ate ao mesmísimo demo. Con protagonista femenino, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actualización das formas e xeitos do títere popular, e reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos.

FICHA ARTÍSTICA

Actriz/titiriteira: Larraitz Urruzola
Dirección: Santi Prego
Deseño do retablo e pintura dos títeres: Kukas                                                     Talla en madeita e atrezzo: Borja Insua                                                                    Vestiario: Bety Busto
Colaboración atrezzo: Pepe Penabade

Pin It on Pinterest

Comparte