MAMÁ CABRA

Eu cociño, ti cociñas?

Espectáculo musical e teatral | Infantil e familiar (+3) | 60 min

SINOPSE

Timoteo cambiou o seu quiosco por un restaurante chamado COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos e nenas comeran saudable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor… digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de piratas…Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos: I CAN COOK, CAN YOU COOK? “Eu cociño, ti cociñas?” é unha montaxe especial de Mamá Cabra que combina teatro e música en directo, un divertidísimo espectáculo músico treatral que parte dunha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten nos protagonistas. Unha peza ideal para gozar en familia.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Pablo Sánches “Pablísimo”
Voz e guitarra: Gloria Mosquera
Violín: Harry Price
Batería e percusion: Iago Rodriguez
Acordeón: Diego Maceiras
Actor: Luís iglesias “Luchi”
Técnico de son: Manolo Dourado

 

Pin It on Pinterest

Comparte