MARÍA FALTRI E JORGE JUNCAL
FANTASÍA COAS PALABRAS

Espectáculo musical | Todos os públicos |60 min
SINOPSE
María Faltri e Jorge Juncal presentan un formato musical para o público infantil e familiar con cancións para aprender e divertirse. A súa formación é de batería, baixo, guitarra, piano e voces, con un repertorio ben escollidiño que resulta da súa publicación Fantasía coas palabras, un traballo que editan con Galaxia. María Faltri afronta a comunicación co público animando a festexar cancións coloridas, cheas de ritmo e sobre todo moita Fantasía. O espectáculo procura a participación familiar tendo como obxectivo principal o de brindarlle ás familias a posibilidade de divertirse do mellor xeito posible, soñando despertos.
FICHA ARTÍSTICA
Texto orixinal das cancións: Rosa Mondrego
Tradución e adaptación: María López, J. Juncal, Magín Blanco e Charo Pita
Composición musical e produción: María López e Jorge Juncal
Arranxos e dirección musical: Jorge Juncal