FANTOCHES BAJ

Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio Vilariño no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interese céntrase no teatro de monicreques entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta mais tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas máis contemporáneas do teatro de obxectos como no seu espectáculo O Asombro (2010) ou a utilización do kamishibai xaponés en As Pombas de Carboeiro. Na actualidade son moitos xa os espectáculos no haber da compañía. Entre os máis recentes Os vellos non deben de namorarse, Mensaxe do Mar ou Os Golfiños e o xigante, o seu último traballo polo que obtivo o premio Barriga verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil. Na actualidade traballa no seu último espectáculo Auga que non vas beber.

 

Pin It on Pinterest

Comparte