FESTAS PARA O APEGO

Unha gran festa para o programa Apego

Dende Urdime queremos axudar a cumprir un obxectivo principal do programa Apego como é o da socialización en galego dos nenos e nenas de entre 0 e 6 anos.

De que maneira? Organizando unha xornada composta por diferentes actividades que participen das artes escénicas, a música, os obradoiros ou o xogo. Un encontro onde poder gozar da cultura en familia, un espazo para as familias único e irrepetible no que se promove o intercambio de experiencias ao tempo que se reforza o vínculo coa lingua.

Pin It on Pinterest

Comparte