FESTICOR

Festival Internacional do Vento Nordés

O “Festival Internacional do Vento Nordés” é un evento de participación internacional que se compón dunha serie de propostas artísticas e creativas relacionadas co vento que abren a programación ao público familiar de toda Galicia; espectáculos de artes escénicas, audiovisuais, música, xardíns de vento…

O FESTICOR é o único festival de papaventos que temos en Galicia e forma xa parte das principais citas para moit@s cometeir@s de todo o estado, posicionándose no plano dos mellores festivais do estado. O público do Festicor pode gozar do traballo d@s mellores pilot@s, que fan danzar no ceo cometas espectaculares, xigantes (máis de 30 metros), exemplares históricos, reproducións de modelos antigos e, por suposto, coreografías aéreas sincronizadas nas que os cometeiros demostran a súa precisión e pericia.

Unha das grandes novidades que se introduciu na última edición foi a de facer unha noite de actividades na praia de Riazor na que se puido desfrutar da mestura entre música en vivo de gran calidade acompañada dun espectacular voo sincronizado de cometas danzando ao son da música nun escenario de luxo. 

Pin It on Pinterest

Comparte