FESTIVAL DO ESTÍO

Celebrando o estío en Vilagarcía

Este ano o Festival do estío de Vilagarcía uniuse ao programa de dinamización lingüística Apego para preparar unha gran festa de celebración da chegada do verán destinada ao goce do público máis cativo. Desta vez creouse unha xornada de encontro para as familias chea de música, de xogos educativos e de espazos para microescenas, con contos, teatro, monicreques ou maxia, dos que gozaron tanto grandes coma pequenas.

Pin It on Pinterest

Comparte