FILOSOFAR A PAUS

Teatro | 50 min | +12

SINOPSE

 

FILOSOFAR A PAUS é un espectáculo teatral que se propón resolver un enigma: a desaparición das mulleres da historia da filosofía. Con ese obxectivo, un actor e unha actriz convocarán en escena a presenza de figuras como Hiparquia a cínica ou Simone de Beauvoir, mais tamén interrogarán a filósofos como Aristóteles, Hume ou Rousseau. Entre o thriller detectivesco e a aventura de superheroes, FILOSOFAR A PAUS proponse convidar aos espectadores a desenvolver a súa propia aventura: a de pensar de forma crítica sobre o silencio, cando non as mentiras, que a “gran filosofía”, a que se estuda nos manuais de Historia da Filosofía, ten reservado para a muller.

FICHA ARTÍSTICA

Elenco Liza G. Suárez e Sergio Llauger

Adaptación e dirección Chiqui Pereira

Texto Miguel Vázquez Freire

Músicas Los Dámasos

FICHA TÉCNICA

Ancho 4m / Fondo 4m

Pin It on Pinterest

Comparte