N+1

N+1

Alfredo Pérez Muíño estudiou Educación Física (INEF Galicia) especializándose en Ximnasia Artística. Tras quince meses de estudios en Madrid (Escola de Circo Carampa) viaxou por diferentes paises para continuar a sua formación como especialista en técnicas circenses, na Escola Nacional de Circo de Río de Janeiro, Escola de Circo Criollo de Bos Aires, Escola Nacional de Circo de Cuba e na Bont`s International Clown School en Ibiza. Participou en numerosos cursos tanto a nivel artístico como docente. Entre os seus formadores destacan nomes como Carlo Colombaioni, Erik de Bont, Joseph Collard, Nola Rae, Thomas Liebhart, Michel Dallaire, Hernán Gené e Nestor Muzo. Nos últimos anos Fredi fixose un oco no panorama artístico nacional ocupando un espazo destacado dentro do clown en Galicia e Portugal. O seu traballo foi recoñecido en numerosas ocasións sendo galardonado co Primeiro Premio no Certamen de Interior do Festiclown 2006 co espectáculo “Circanelo” e co Premio ó Xurado do TAC de Valladolid no 2011, co espectáculo “Encontros” (Cía.Lusco e Fusco).
No seu afán por achegar o riso a todo o mundo desenvolve unha búsqueda de novos espacios escénicos como artista de rúa, café teatro, visitando ós nenos hospitalizados como Doutor Sonrisa coa Fundación Theodora e colaborando con outras entidades como Fundación Vicente Ferrer (India) ou Maria’s Children (Moscú).

Pin It on Pinterest

Comparte