ALDAOLADO

Furia necesaria

Poesía, música e humor |70 min | +16

SINOPSE

Furia necesaria é unha proposta que combina lirismo e rebeldía a partes iguais, unha crítica constructiva feita dende a ironía e a retranca que as caracteriza. As poetas Lucía Aldao e María Lado levan xa unha longa traxectoria como escritoras e creadoras de diversos espectáculos escénicos nos que a poesía, a música en directo e o humor son a base. Nesta liña presentan Furia necesaria , un título que se opón a esa imaxe de amor e tenrura da que tanto se abusa no xénero lírico, e que as poetas toman da obra de Lois Pereiro, de quen aprenderon que a rabia tamén pode dar bos versos.

 

FICHA ARTÍSTICA

Dirección Aldaolado
Interpretación
 Lucía Aldao e María Lado
Produción Aldaolado

FICHA TÉCNICA

Equipo de son adecuado ao local
2 micros SM58 ou similar
2 pés de micro
Monitor de referencia para escenario
1caixa de inxección para guitarra electroacústica
Iluminación básica para escena

Pin It on Pinterest

Comparte