Gatuxo

Espectáculo músico-teatral | Infantil e familiar (0 a 5 anos ) | 45 min

SINOPSE

A crianza gatea para explorar e coñecer o mundo que os rodea. Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos e o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz.

Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: O Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.

FICHA ARTÍSTICA

Magín Blanco: Voz, guitarra
Jorge Juncal: Piano, acordeón, Ukelele.
Maria Faltri: Voz, percusión
Raquel Queizás: Dirección e interpretación

Pin It on Pinterest

Comparte