Teatro de rúa, circo, variedades | TP (+5) | 60 min

SINOPSE

Ghop! é un espectáculo de rúa áxil, participativo e cheo de humor. Un berro cheo de enerxía…GHOP! un berro cheo de ímpeto para un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia, o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. Teatro Ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.

FICHA ARTÍSTICA

Elenco: Sofía Espiñeira, Noel Fandiño e Roberto Casal
Dirección: Alfredo P. Muíño
Produción: Teatro ó Cubo

FICHA TÉCNICA

As necesidades técnicas son aportadas pola cía.

Pin It on Pinterest

Comparte