ARTESACÍA

ILLAS DESERTAS

Teatro performance| Adulto (+16) | 75 min

SINOPSE

Illas desertas nace como resposta á competitividade e produtividade dun mundo que só sabe camiñar nunha única dirección: a de facernos productivxs. O espectáculo propón unha travesía cara a nada, ancorada nas narrativas transmedia e na poesía audiovisual onde o público é parte activa da peza. Illas Desertas é unha experiencia inútil, unha viaxe cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do inútil, unha viaxe interior. É habitar, abrir, reencontrarse con eses territorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan saír á boia cando a vida nos sacude, cando nace ese baleiro que o material non pode encher. Por que non roubarlle tempo á morte con esta aventura? A través do movemento, das voces en off, da realización de cinema en directo, da interpretación, do son, da poética dos obxectos, da construción de maquetas e do traballo con máscaras xéranse paisaxes escénicas cunha enorme carga poética, salpicados das experiencias e reflexións de dous aventureiros: a aviadora Amelia Earhart e o explorador Ernest Shackleton. Illas Desertas conta co apoio de AGADIC, Compañía Fura dels Baus, Colectivo RP, Sala Ingrávida, Concello de Santiago e Teatro Rosalía de Castro da Coruña. 

FICHA ARTÍSTICA

 

Técnica: Susana Méndez
Actriz e creadora escénica: Laura Villaverde
Artista multimedia: Roi Fernández
Deseño de Luces: Héctor Pazos
Deseño de vestiario e caracterización: Esther Quintas
Produción: Marga R. Tilve

Pin It on Pinterest

Comparte