INVENTI TEATRO

INVENTI TEATRO

Inventi Teatro nace en xuño do 2017 en Vigo e está integrada por Marcos Alonso, Bea Campos e Paulo Medal. A compañía ten como obxectivo a creación de espectáculos de rúa divertidos, visuais e para toda a familia. O seu primeiro espectáculo “ A tropa do Doutor Milagre ” leva máis de 50 actuacións por toda Galicia e estivo presente en certames como o Festival Internacional de Artistas de Rúa de Redondela, a MIT de Ribadavia, ou Itineranta en Pontevedra. Dende Inventi Teatro propoñemos espectáculos versátiles que adecúan a diversas celebracións; dende unha festa de verán ata un certame teatral. A nova montaxe da compañía é A Gran Viaxe, un divertidísimo espectáculo para todos os públicos.

Pin It on Pinterest

Comparte