INVERSA TEATRO + APORÍA ESCÉNICA

INVERSA Teatro é unha compañía unipersoal dirixida e xestionada por Marta Pérez desde o 2009 que fundamenta o seu traballo na convivencia de diferentes campos artísticos: artes escénicas, audiovisual, música e artes gráficas apostando por un teatro contemporáneo e de experimentación. Marta Pérez é actriz e creadora escénica e directora de Inversa Teatro coa que leva sete producións teatrais.

Aporía Escénica é unha compañía dirixida por Diana Mera que busca explorar o universo da muller e a ecoloxía por medio da hibridación de tipoloxías escénicas que favorezan a potencia plástica dos corpos e os obxectos, empregando o xogo e o humor, sen esquecer a palabra e a poesía.

Diana Mera e Marta Pérez xuntan as súas forzas creativas para unha coprodución chamada Misión Imposible, e que da paso a outras realidades teatrais na produción de ambas compañías. Misión imposible é unha comedia, pero tamén unha reflexión sobre a realidade galega  na que se abordan diferentes conflictos.

ESPECTÁCULOS

Pin It on Pinterest

Comparte